O Concello de Ribeira quere que o módulo de atletismo cuberto da Fieiteira sexa licitado no primeiro trimestre de 2022

26 Novembro 2021

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, mantivo unha reunión co secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, a través da cal abordaron (entre outras cuestións) o módulo de atletismo cuberto que está previsto construír no Complexo Polideportivo da Fieiteira: unha actuación respecto da cal a licitación levada a cabo este verán non prosperou e que, segundo foi informado o alcalde, “será licitada novamente no primeiro trimestre de 2022”. Iso si, dixo, “logo de actualizar algúns dos custes incluídos no proxecto de tal xeito que o prezo material por contrata rolde os 1,5 millóns de euros”.

Ruiz dixo que a previsión é de que as obras poidan estar en marcha o vindeiro verán.
Tamén explicou que o pavillón albergará unha zona de adestramento cuberta para atletismo, mediante un módulo que conta con pista de 5 rúas, zona de saltos, lanzamentos; espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; construción de novos vestiarios, aseos e duchas e o seu equipamento; ademais das reformas de accesibilidade e acceso ao primeiro andar.

A obra está co-financiada polo Concello de Ribeira e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

Cuando las materias que pretende conseguir o las normas quequiere aprobar no les favorece de forma clara -no sacan nada enlimpio, no hay más poder o más dinero-, los socios de investidurade Sánchez no lo apoyan; entonces, leña al PP.En estos casos, los ministros y...