O circuíto de atletismo sub-12 da Deputación da Coruña comeza esta fin de semana en Ribeira

11 Novembro 2021

Este domingo, 14 de novembro, dará comezo en Ribeira a primeira das probas de atletismo en pista para menores de 12 anos do circuíto que organiza a Deputación da Coruña para este ano 2021 e que se estenderán durante os meses de novembro e decembro.

As citas deportivas continuarán na Pobra do Caramiñal (21 novembro), Noia (5 decembro), Oleiros (11 decembro), Ordes (19 decembro) e Ferrol (26 decembro) e poderán participar os e as atletas empadroados en calquera concello da provincia que estean en posesión da licencia federativa para a temporada 2021.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou “o bo nivel que se pode apreciar sempre nas diferentes probas do circuíto de atletismo da Deputación”.

Tamén explicou que a competición desenvólvese nas categorías sub-10 e sub-12. Así, en cada concello, agás en Ordes (xa que non conta con pistas axeitadas para celebrar carreiras), realizaranse as seguintes probas: carreiras (50 e 500 metros en sub-10 e 60 e 500 metros en sub12), salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso.

A inscrición para cada proba faise a través do sistema en liña da web da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e pode formalizarse ata as 20 horas do luns anterior á realización desta. Os gastos de inscrición serán de balde e cada club poderá presentar un número de atletas ilimitado, só co condicionante do número de prazas que permitan os protocolos COVID-19 no momento de celebración da carreira.

As probas, que estarán controladas tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo (FGA), terán unha duración total aproximada dunha xornada, en horario de 10 a 14 horas, e as e os participantes deberán cumprir o protocolo COVID-19 establecido pola FGA. En canto aos premios, os tres primeiros atletas de cada categoría e proba con máis puntuación, recibirán un trofeo.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.