O Centro Dramático Galego leva O Charco de Ulises a Rianxo (o 25 de novembro)

15 Novembro 2021

O Centro Dramático Galego vai facer parada en Rianxo, no Auditorio Municipal, para representar o seu novo espectáculo O Charco de Ulises, versión libre da Odisea adaptada ao noso contexto mediante a reivindicación dunha das principais características definitorias da historia narrada por Homero: a nostalxia da terra e do pasado irrecuperábel.

A recalada en Rianxo do CDG será este 25 de novembro ás 20.30 horas. A idade recomendada do espectáculo é de 14 anos, e ten unha duración de algo máis de unha hora e media. A entrada ten un custe de 5 euros e pode adquirirse a través do apartado de reservas da web do Concello.

A peza transcorre en paralelo co desenvolvemento argumental da obra de Homero: a viaxe de Telémaco na procura de seu pai (visitando a Néstor, a Menelao e Helena…) e a de Ulises polas diferentes illas nas que se atopa con personaxes fantásticos (Calipso, Circe, Nausícaa, Polifemo, o canto das sereas…). O fío argumental, segundo sinalou o Centro Dramático Galego na súa presentación, “vaise pegando e separando do mito orixinal, xerando un diálogo co clásico para xogar con el, para traizoalo en moitas ocasións e, sobre todo, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. E tamén para darlle unha nova dimensión ás personaxes femininas que aparecen na Odisea”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O mar de Foz”. Xulio Xiz

“O mar de Foz”. Xulio Xiz

Para os de terra adentro, a Mariña é territorio especial, de ostensible fervenza industrial e comercial e unha ledicia festeira na que ata as voces dos coros teñen harmónicos de mar. Fun o sábado a Foz, presentar dous libros de historia que honran a súa rica...