O CCG achega o proxecto tecnolóxico definitivo dos xogos populares galegos

11 Novembro 2021

O Consello da Cultura Galega e o Observatorio do Patrimonio Lúdico veñen de unir forzas para dar unha nova e perdurábel vida aos xogos tradicionais da nosa terra. Farano poñendo o foco nos principais faladoiros actuais da poboación xuvenil: os faladoiros en liña. O resultado deste labor conxunto do CCG e o observatorio é Xogos tradicionais unha páxina web e unha aplicación móbil dispoñíbel para Android e Apple.

Tanto unha ferramenta coma outra conteñen información de medio centenar de xogos que se poñen a disposición da cidadanía, entre os que se atopan, entre outros moitos, a pita cega o puño puñete, a petanca, a chave ou a cadeira de raíña. Tamén hai propostas para empregar con diversos trebellos, como a mítica billarda, de cuxos procedementos se nos informa polo miúdo.

A proposta foi dada a coñecer este 11 de novembro por Rosario Álvarez; o coordinador técnico, Manuel Gago; e dous representantes das diferentes entidades que integran o Observatorio, Paco Veiga e Xosé Manuel Barreiro.

Ademais, Manolo Charrancas da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, lanzou o peón máis pequeno do mundo.

Por certo que o CCG e o observatorio non elixiron por casualidade a data do 11 de novembro para presentar esta iniciativa lúdico-tecnolóxica, xa que coincide coa festividade de San Martiño, unha celebración que de antigo vén acompañada dun refrán que é un convite inequívoco a brincar: Polo San Martiño peóns ao camiño. Segundo se fixo saber na presentación, alén do medio centenar de xogos populares que acubilla a web e a aplicación de partida, estas permiten máis dun centenar de combinatorias. O proxecto nace coa intención de “revitalizar o seu uso para que volvan formar parte do día a día da nosa sociedade” apuntou a presidenta Rosario Álvarez. Unha idea na que tamén incidiu Paco Veiga, do Observatorio do Patrimonio Lúdico, que concretou que “a idea é que nun minuto se poida poñer en práctica o xogo”.

Non un simple catálogo

O proxecto non é un catálogo, sinalaron, engadindo que en realidade foi concibido “para que os xogos poidan ser recuperados e usados, achegando un apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano”.

Álvarez e Veiga tamén salientaron o feito de que as propostas lúdicas incluídas non “están descritas”, senón que veñen cunhas mínimas indicacións para “entender a esencia do xogo e unha serie de ilustracións que serven para explicar o xogo e que axudan máis que as propias fotografías”. A ilustradora é Nuria Díaz (Vilagarcía de Arousa, 1982).

Manuel Gago (Palmeira 1975), responsábel técnico do proxecto, apuntou na presentación que se realizará unha actualización anual e explicou a distribución interna dos contidos. Así, dixo, os diferentes xogos están clasificados por idades (as diferentes idades da vida), por obxectivos (grandes categorías de xogos) e por tipos de xogos máis miúdos.

A aplicación de Xogos Tradicionais pode descargarse de balde desde a App Store e desde a Play Store de Android, así como desde o sitio web xogostradicionais.consellodacultura.gal.

As entidades

O proxecto é o resultado da colaboración do Consello da Cultura Galega co Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, entidade que agrupa á Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT), a Asociación de Xogadores/as da Chave da Santiago; a Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional; o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), de Ponteceso; a Odaiko Krea, SL; o recuncho das argalladas, museo de Vilanova de Lourenzá; a Xogos Populares e Tradicionais (Santalla – A Pontenova) e a Xogos Tradicionais Muimenta (XOTRAMU), máis a unha serie de persoas a título individual (Antón Cortizas Amado, investigador dos xogos e xoguetes tradicionais; Apolinar Graña Varela, investigador da Universidade de Navarra; Carmela Sánchez Aríns, investigadora e técnica do patrimonio; Ismael Álvarez López, investigador da Universidade de Burgos; Manuela Vázquez Coto, investigadora da Universidade da Coruña). Ademais, colaborou poñendo os xogos en imaxes Antonio Ferrer Moreira, do CEP Campolongo de Pontevedra.

Outros artigos

Boiro será a primeira parada da xira “Meu Ceu” de Eris MacKenzie

Chega unha etapa para Eris MacKenzie. O artista natural da Coruña levará a súa terra natal o primeiro dos seus concertos da xira Meu Ceu. A proposta que fusiona a música electrónica, os sons tradicionais galegos e certos matices da música comercial, chegará este...

+

Educateatro levará a Rianxo a súa revisión musical de Pinocho

O Auditorio Municipal de Rianxo vai dar acollida o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 19.00 horas, á representación da peza de teatro musical infantil O mundo máxico de Pinocho, a cargo da compañía de Educateatro. Trátase dunha función escénica que combina a maxia,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...