O BNG presenta emendas aos orzamentos do estado na comarca de Muros e Noia

23 Novembro 2021

O BNG de Muros e Noia lamenta profundamente a ausencia de investimentos na comarca por parte do proxecto de orzamentos do estado que se atopa en tramitación. É por iso que os nacionalistas, a través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, veñen de presentar nestas semanas un conxunto de emendas para paliar dita situación.
Os investimentos demandados polo BNG que Rego rexistrou para o seu debate en comisión son catro e suman unha cantidade superior aos dous millóns e medio de euros.
A primeira e cuantitativamente máis importante das propostas é por un millón de euros destinados á rexeneración dos bancos marisqueiros da ría de Muros e Noia a través elaboración dos estudos previos que permitan o desenvolvemento dun plan de rexeneración do esteiro da ría que conduza de xeito paulatino á retirada dos lodos e limos que colman os bancos marisqueiros antano produtivos.
O BNG tamén destaca a importancia internacional dunhas laudas gremiais como as de Noia e entende que é necesaria cooperación por parte de todos os niveis da administración para que estes elementos patrimoniais únicos no mundo teñan a valorización que merecen. Por isto propoñen un investimento de 900.000 € nas contas estatais para a rehabilitación do inmoble que acolle a ‘Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos’ co obxectivo de consolidar nesta localización o ‘Museo das laudas gremiais de Santa María a Nova’ co obxectivo de expor un maior número de laudas e converter o museo nun centro de interpretación da Vila medieval e dos gremios.
O compromiso dos nacionalistas coa permanencia e modernización do modelo de reciclaxe de Lousame tamén está presente nestas propostas. Neste sentido, o BNG propón un investimento de medio millón de euros na Planta de Servia co obxectivo da adquisición dunha volteadora, necesaria para a estabilización do compost no complexo ambiental e a consecuente mellora nas cifras da reciclaxe.
A última das propostas que a formación leva aos orzamentos do estado refírese á rexeneración da zona húmida de San Lázaro en Noia. A través do investimento de 130.000 euros, o BNG aposta pola instauración de vexetación de ribeira para constituír unha zona de transición entre os sistemas terrestres e acuáticos que contribúa a lograr beneficios ambientais e funcións ecolóxicas nesta zona degradada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.