O BNG pide que os orzamentos do Estado inclúan partidas para a posta en valor das Brañas de Laíño, en Dodro

16 Novembro 2021


O parlamentario nacionalista, xunto ao portavoz do BNG en Dodro, Xoán Bautista Mariño, reclamou unha rehabilitación do firme e os accesos, así como da sinalización para esta contorna protexida baixa a Rede Natura 2000.

Acompañados por representantes da asemblea local do BNG nesta localidade, Rego e Mariño visitaron as Brañas de Laíño, unha paraxe de máis de 80 hectáreas que actualmente, segundo sinalou o Bloque nun comunicado, atópase en situación de “abandono”.

Néstor Rego sinalou que o aproveitamento destas brañas é “totalmente compatible co espazo natural” para “xerar riqueza preservando a rica biodiversidade da zona”.

Deste xeito, a formación nacionalista inclúe unha emenda aos PGE para que o Executivo estatal poña en valor as Brañas de Laíño. Esta inclúe unha primeira fase, cun valor aproximado de 500.000 euros, que afectaría principalmente o municipio de Dodro pero que se estendería aos municipios de Padrón e Rianxo, na Coruña; e de Catoira, Valga e Pontecesures, en Pontevedra.

Entre as diferentes actuacións atópase a mellora dos accesos, colocar un firme adecuado a esta zona protexida e a instalación de novas sinalas e novo mobiliario acorde á contorna.

BNG

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...