O alcalde de Boiro visita a residencia de maiores de Silleda para coñecer o seu funcionamento

11 Novembro 2021

Con vistas a recadar información de valor para o proxecto de construción dunha residencia pública da terceira idade en Boiro, o alcalde José Ramón Romero o mailo concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, visitaron este 11 de novembro o fogar do maior de Silleda. Fixérono acompañados do alcalde do municipio da comarca do Deza, Manuel Cuíña, a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, e persoal da residencia.

Durante a visita o rexedor boirense reuniuse co seu homólogo en Silleda para coñecer como se realizou a execución do proxecto e como é o modelo de xestión da mesma. “En Boiro temos os terreos e queremos facer o proxecto para garantir unha residencia cunhas garantías de calidade e servizos para os nosos veciños e veciñas”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero, durante a súa estadía no concello do Deza.

Treus, pola súa banda, explicou que nos últimos dous anos o Executivo local mantivo diversos contactos coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para dar resposta a “unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Boiro”, explicou, engadindo que “Boiro é un lugar estratéxico para a comarca do Barbanza cunha poboación substancialmente envellecida e unha residencia é fundamental, polo que imos seguir traballando con todos os medios para poder levala a cabo”.

Alcalde e concelleiro recordaron que o Concello dispón de terreos para a construción da residencia, que foron postos xa a disposición da Xunta, en dúas localizacións distintas. Uns nunha zona semiurbana, na finca de Goiáns, e outros nunha zona urbana, a carón do parque da Cachada. Ademais, na proposta orzamentaria realizada para o ano 2021 que se debaterá no pleno do vindeiro luns incluíuse unha proposta orzamentaria para a redacción do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.