Noia Histórica resolve ao empresariado local as dúbidas que teña sobre a plataforma local de ecommerce

23 Novembro 2021

En Noia a patronal (Noia Histórica) e o Concello están a premer o acelerador para ter ao máximo rendemento (e co meirande número de locais adheridos) a plataforma local de comercio electrónico, comunicación e promoción comercial, o marketplace Vadetiendas, que se ofrece en galego e castelán con todo tipo de ferramentas e recursos. Estes días Noia Histórica iniciou unha campaña de divulgación, información e captación na que mostra as vantaxes deste servizo, tentando resolver as dúbidas que lles poidan xurdir ás empresarias e empresarios sobre comercio en liña e venda por Internet.

Lembran que se trata dunha plataforma de balde, doada e que non esixe compromiso nin coñecementos previos de mercadotecnia dixital ou doutros conceptos técnicos. As persoas interesadas poden anotarse a través de teléfono, Whatsapp, correo electrónico ou mensaxe a través do chat @concellodenoia. A maiores, este mércores 24 de novembro ás 20.30 horas está prevista a celebración dunha xornada informativa no Edificio do Casino de Noia.

Segundo sinala a asociación, trátase dun recurso axeitado para incrementar a capacidade de comunicación e a competitividade das empresas locais, sendo os únicos requisitos que se piden dispoñer dun computador con conexión a Internet. Grazas a Vadetiendas, os establecementos poderán contar dunha canle propia para vender produtos e servizos en liña.

Outros artigos

Este venres 7 comeza a XVII Concentración Moteira Ría de Noia

Esta fin de semana Noia volverá converterse na capital galega das motos. En concreto, do 7 ao 9 de agosto celebrarase a XVII Concentración Moteira Ría de Noia. Durante tres días as rúas encheranse de motos, concertos, rutas, exhibicións, gastronomía e bo ambiente. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.