María Rivas salienta en Dodro os esforzos do Concello pola recuperación medioambiental

24 Novembro 2021

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, estivo este martes 23 de novembro en Dodro, onde supervisou, na compaña do alcalde, Xabier Castro, as obras impulsadas pola Demarcación de Costas e o Concello nas Brañas de Laíño, que se dirixen a renovar e mellorar a accesibilidade nas mesmas e potenciar a súa protección e o seu coidado. Rivas trasladou ao rexedor o seu respaldo ás políticas de recuperación ambiental no municipio, en relación á devandita actuación desenvolvida nas Brañas, un dos grandes tesouros naturais do concello e da nosa contorna.

Rivas, que acudiu a Dodro acompañada polo xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, lembrou que a actuación nas Brañas consiste “na naturalización dun espazo que nestes momentos é unha vía de tráfico rodado para reconvertelo nunha senda peonil e ciclista, que mellorará a protección ambiental e a conservación desta zona protexida”. Rivas e Eimil recordaron que para a consecución do proxecto utilízanse “materiais granulares que servirán de base do pavimento” e realizaranse as obras complementarias para “asegurar a perdurabilidade da actuación que se desenvolve en máis dun quilómetro de lonxitude”. O orzamento supera os 70.000 euros.

Recuperación ambiental e colaboración veciñal

Segundo engadiron, o Concello de Dodro e a Demarcación de Costas están a traballar conxuntamente na recuperación ambiental da zona. De feito, o departamento do Ministerio de Transición Ecolóxica ten previsto autorizar ao Consistorio a concesión dos terreos precisos para “xestionar o espazo cos veciños e permitir os usos tradicionais”. Será a partir desa concesión, sinalaron, cando se definan as colaboracións de Costas e do Ministerio de Transición Ecolóxica na recuperación das Brañas, tendo en conta para iso o proxecto que queira desenvolver e presentar o Concello.

Alumeado público sustentábel

María Rivas analizou tamén co alcalde o proxecto de renovación da iluminación pública subvencionada polo Ministerio de Transición Ecolóxica a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), plan que xa foi licitado por parte do Goberno municipal e que prevé a renovación das luminarias en lugares como Lestrove, Bexo e Tallós. O proxecto inclúese dentro do plan de axuda ás entidades locais para proxectos de investimento en economía baixa en carbono e ten un importe de 128.000 euros. O oitenta por cento do investimento, 102.000 euros, corresponde ao IDAE, mentres que o Concello achega 26.000 euros. Actuarase sobre 371 puntos de luz, estando previsto un aforro enerxético do 64,4 por cento e un aforro económico de 9.100 euros anuais para as arcas municipais.

A subdelegada do Goberno quixo poñer en valor “o esforzo” do Goberno municipal na redacción do Plan Turístico Sostible de Dodro, que o Concello presentou á convocatoria extraordinaria do Plan de Sustentabilidade Turística en destinos para Entidades Locais 2021 realizada pola Secretaría de Estado de Turismo. O custo desta iniciativa elévase a 1,2 millóns de euros.

A intención do Concello coa solicitude destas axudas é a transformación e creación “dunha oferta turística sustentábel e responsábel co medio ambiente”, todo iso cunha “axeitada planificación previa”. Para iso preténdese potenciar os valores culturais, naturais e paisaxísticos do municipio de forma respectuosa coa conservación do medio e atraer a un turismo concienciado cos tesouros ambientais da contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...