“Malos momentos para a frota palangreira de superficie”. Antón Luaces

28 Novembro 2021

Non son, non, bos estes momento para a frota de palangre de superficie porque, tres anos despois de que as recomendacións científicas introduciran na pesqueira do marraxo dientuso medidas de xestión inasumibles, chega o momento do peche por dous anos da actividade estractiva desta especie para esa frota.
Ben se poden gabar algunhas organizacións  ecoloxistas que deron pulo -baseándose en non sei que contadores ou marcadores- a verdadeiras fake news que conduciron a esta situación que contrasta coas seguridades que ofrecen aqueles que no día a día, constatan verdadeiramente a situación real do marraxo dientuso e que non son outros que os mariñeiros, os profesionais que teñen capacidade abondo como para poder asegurar -como aseguraron vai uns meses a este xornal-que no Atlántico hai marraxo para dar e tomar. Pero, a maior groria do ICCAT, a Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico, rematada a sía XXVII reunión anual, a medida vixente que permitía a retención a bordo de marraxos procedentes de pesca accidental, queda suspendida unha outra vez en aplicación dun “plan de recuperaciòn da especie” en aplicación de “decisións necesarias” que evitarán que as pesqueiras de ICCAT quedaran sen regular no ano 2022.

Foron catro os anos de debate, de tensas discusións, as que conducen agora a esa medida que, a partir de xaneiro de 2022, disque vai poñer fin á sobrepesca “de inmediato” e, deste xeito, avanzar de modo gradual cara a niveis de biomasa dabondo que permitan un rendimento máximo sustentable (RMS) no horizonte de 2070 cunha probabilidade que oscila entre o 60 e o 70% COMO MÍNIMO!.

Quen ten a seguridade do que é un verdadeiro RMS, como se calcula este, como se establece cal é?-.

A mortalidade total por pesca quedou fixada nun máximo de 250 toneladas ata que se facilite a ICCAT un novo ditame científico. Sen embargo a frota non poderá reter a bordo nin desembarcar un só exemplar desa especie.

As cousas non van ben no seo de ICCAT, unha organización intergubernamental encargada do manexo e conservación do atún e especies afíns no Atlántico e os mares adxacentes que non dí nada que sexa do agrado dos pescadores e os propietarios (armadores) dos barcos nos que operan. ICCAT, que asume a crítica NON SEMPRE XUSTIFICADA dos excoloxistas vai un paso por diante tamén eles poñendo a venda antes de que se produza a ferida. 

Por que?. Como xustifican o seu posicionamento en clara contradición coa percepción dos pescadores, dos mariñeiros, máis afeitos a seguir as evolucións dos stocks e calcular máis de preto o seu estado real?.  

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.