Luz Angélica exhibe máis de medio cento de cadros no Consistorio de Ribeira

O Casa do Concello de Ribeira exhibe dende este 25 de novembro unha nova exposición formada por 51 cadros da veciña de Castiñeiras Luz Angélica.

O acto inaugural da mostra, titulada Reflejos, contou coa presenza de numerosos veciños e amigos da pintora, quen quixo salientar que atopou nos obradoiros de artes plásticas impartidos polo Concello (dentro do programa de maiores) unha eficaz terapia na súa loita contra o cancro.

Luz Angélica tivo palabras de agradecemento para o seu profesor Fernando Yáñez, así como para a súa amiga Pili, para María José Carreira (compañeira dela na asociación AECC) e para o seu marido.

No nome do Concello, a concelleira de Cultura María Sampedro resaltou “a faceta loitadora e comprometida coa sociedade de Luz Angélica e expresou a súa confianza en que moita xente visitará a mostra e será todo un éxito”.

Reflejos estará exposta ata o 28 de xaneiro de 2022.