As altas presións afastaranse lixeiramente de Galicia permitindo a entrada dunha masa de aire algo máis fría e con maior grao de inestabilidade. Con estas condicións agardamos un aumento da nebulosidade en xeral, con nubes máis compactas no terzo norte que deixarán chuvias febles no norte de Lugo e A Coruña. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos pero as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará do nordés, con intervalos de moderado no litoral e zonas altas do interior.

Non se esperan cambios no tempo durante toda a semana:

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 4 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:25 | 3.1 m |
Baixamar | 07:23 | 1.1 m |
Preamar | 13:35 | 3.4 m |
Baixamar | 19:48 | 0.9 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:14 | 3.1 m |
Baixamar | 07:15 | 1.2 m |
Preamar | 13:26 | 3.3 m |
Baixamar | 19:41 | 1.0 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:20 | 3.1 m |
Baixamar | 07:19 | 1.1 m |
Preamar | 13:31 | 3.3 m |
Baixamar | 19:46 | 0.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)