Lousame centra na poboación escolar a programación do 25 de novembro

12 Novembro 2021

A concelleira de Igualdade de Lousame, Silvia Agrafojo, presidiu esta mañá a novena reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame.
Un encontro no que todas as persoas integrantes da Mesa tomaron a palabra para informar ecompartir experiencias sobre as distintas actuacións levadas a cabo pola súa entidade no ámbito municipal de Lousame. Así mesmo, Silvia Agrafojo aproveitou para dar conta das actuacións que está a desenvolver o Concello de Lousame, en colaboración co CPI Cernadas de Castro, a prol da sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres, así como para adiantar o programa de actividades programadas para as vindeiras semanas co gallo da conmemoración do 25 de Novembro.
Lousame Coeduca
Un programa que inclúe a segunda edición do programa “Lousame Coeduca”, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro e subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para favorecer a coeducación e a promoción da igualdade de oportunidades.
“Trátase dun programa de actividades de sensibilización en igualdade, dirixidas a nenos e nenas dende os 3 ata os 16 anos, que fomenten a desaparición dos roles e estereotipos de xénero, o bo trato, e a mellora da convivencia na familia e na escola”, explicou Silvia Agrafojo.
Así mesmo, o Concello de Lousame adheriuse á campaña “De Fronte” da Deputación da Coruña, ofertando a toda a poboación o acceso a través das redes a diferentes palestras e actividades en torno á prevención da violencia de xénero. Ademais, Lousame tamén vai formar parte do proxecto “Municipios contra el maltrato”, posto en marcha por Antena 3 Noticias e Fundación Mutua Madrileña. Finalmente, con motivo do 25N levarase a cabo unha concentración diante do Concello aberta a poboación, entidades e asociacións, para amosar o rexeitamento ante a violencia machista.

Xa reunión participaron Mª Isabel Álvarez García, xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno na Coruña; Nerea Fernández Gómez, coordinadora da Quenda de Garda Social para mulleres e fillos/a que sofren violencia de xénero (Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia); Pilar Cobas Cajuso, directora CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Avelino Rivadulla e Cristina Rial, Garda Civil-Posto de Noia; Natividad Hermo Santos, traballadora social de Lousame; e
Mónica Castaño Ourille, técnica da Concellería de Igualdade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...