Lectura colectiva de poemas en Boiro con motivo do 25-N

22 Novembro 2021

O xoves 25 de novembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, será o día grande da fronte común da sociedade boirense en contra da lacra do maltrato ás mulleres. O Concello organizou nesta xornada diversas actividades participativas, como por exemplo unha lectura colectiva de poemas de Charo Lopes (escritora e activista de Boiro) e Lucía Aldao (escritora e activista coruñesa). Será no Consistorio a partir das 13.30 horas.

No acto escoitaranse as voces das mulleres da Asociación Ambar para persoas con diversidades funcionais e cognitivas (moi implicada coas reivindicacións do 25-N, tal e como quedou de manifesto coa súa intervención teatral As paisaxes de Camille, que foi de xira por Galicia), das usuarias do Centro de Día de Boiro e do alumnado dos centros educativos do concello. Organizan o Concello e máis a Deputación.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.