José Carlos Romero, xogador do Rotogal Boiro Voleibol, designado MVP da xornada da Superliga

09 Novembro 2021

José Carlos Romero foi designado MVP da sexta xornada da Superliga de voleibol. O oposto cubano do Rotogal Boiro Voleibol foi un dos destacados no triunfo que o conxunto da Cachada conseguiu o pasado sábado contra o Río Douro Soria (3-2).
Achegou 30 puntos e un 63% de acerto no remate, estatísticas que lle valeron para ser nomeado mellor xogador da fin de semana.
Renan Levandoski, central do Rotogal Boiro Voleibol, tamén foi incluído no equipo ideal da sexta xornada da Superliga despois de achegar 13 puntos e 6 bloqueos no triunfo dos de Marcelo “Chinés” Benavídez.
O Rotogal Boiro Voleibol visitará este sábado ao Eivissa, conxunto que ocupa a décima posición –un posto por baixo dos da Cachada–. O choque dará comezo ás sete e media da tarde no Poliesportiu Sa Branca Doa.

José Carlos Romero

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.