Impulso no pleno de Boiro aos orzamentos, á rehabilitación da capela do pazo de Goiáns e á loita contra a violencia machista

16 Novembro 2021

O Concello de Boiro celebrou este luns 15 de novembro o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. A sesión contou coa presenza de todos os membros da corporación (17 concelleiros/as) e pode verse íntegra, como de costume, a través da canle YouTube do Concello de Boiro. Entre outras cousas, deuse luz verde á aprobación inicial dos orzamentos municipais para 2021 (cos sete votos en contra do PP e os restantes a favor) e achegouse un decisivo impulso para a rehabilitación da capela do Pazo de Goiáns (acordouse por unanimidade o ditame de aprobación do proxecto e a solicitude de subvención á Deputación da Coruña para rehabilitar a capela). Asemade, e co 25-N ás portas, os grupos pecharon fileiras arredor da moción do BNG de Boiro contra a violencia de xénero.

As votacións dos distintos puntos da orde do día foron as seguintes:

1. Aprobación, se procede, do ditame para a aprobación inicial dos orzamentos municipais para 2021 – aprobado con 10 votos a favor (PSOE/ BNG/ Boiro Novo/ IC Boiro/ non adscrito) e 7 votos en contra (PP).

2. Aprobación, se procede, do ditame para a aprobación definitiva da modificación do título X das bases de execución do orzamento prorrogado do 2019 e aprobación do expediente de modificación de créditos núm. 27/2021(resolución de alegacións) – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

3. Aprobación, se procede, do ditame para a aprobación do expediente de modificación de créditos núm. 35/2021 (arranxos e material para as dúas Escolas Infantís do municipio) – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

4. Aprobación, se procede, do ditame para a aprobación do expediente de modificación de créditos núm. 38/2021 (adquisición de mobiliario) – aprobado con 15 votos a favor (PP/ PSOE/ BN/ ICB/ non adscrito) e 2 abstencións (BNG).

5. Aprobación, se procede, do ditame para a aprobación do expediente de modificación de créditos núm. 39/2021 (pérgolas nos campos de fútbol de Vista Alegre e no CEIP Cespón) – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

6. Aprobación, se procede, do ditame de aprobación do proxecto e de solicitude de subvención á Deputación da Coruña para a rehabilitación da Capela do Pazo de Goiáns – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

7. Aprobación, se procede, do ditame para a aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles do Concello de Boiro – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

8. Rectificación do acordo plenario do 12/07/2019 sobre réxime retributivo dos membros da corporación – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE/ BN/ non adscrito), 8 votos en contra (PP/ ICB) e 2 abstencións (BNG).

9. Moción do grupo municipal do BNG contra a violencia de xénero – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

10. Moción do grupo municipal do BNG en defensa da atención primaria na sanidade pública – aprobada con 9 votos a favor (PSOE/ BNG/ BN/ ICB), 7 votos en contra (PP) e 1 abstención (non adscrito).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...