“Fina e Tomás, unha parella que deixa orfa a Ribeira” – Antón Luaces

29 Novembro 2021

Subindo da praza de Compostela, a estrada que de Ribeira conduce a Martín enchíase de múltiples recendos procedentes do forno de Tomás e Fina, no barrio do Pombal.  Eran os anos 50 do século pasado. Recendos que “falaban” por si sós de biscoitos, pan de millo cocido en latas, empanadas de bacallau, xoubas, polbo, maragotas ao forno… Eran tempos nos que tanto Tomás (verdadeiro  navegante en mares de fariña milla e fariña triga cando na fala de seu da veciñanza ribeirense a fariña era “foriña”) coma Fina, a súa dona e compañeira na atención á moita clientela que o forno de Tomás tiña, loitaban no día a día desde moi cedo para manter a fronte un barco ao que chegaban mil e unha encargas para cocer ou asar peperetes cuxos ingredientes -o compango- traían os clientes especialmente nas fins de semana e días de festa. Uns sesenta ou setenta metros máis arriba estaba o muíño. E a carón deste, a casa de Evangelina, unha das máis loitadoras mulleres da lonxa local. Pola outra banda, baixando cara a Bandourrío, a escola de don Germán. E  na mesma rúa Cervantes, á esquerda, a casa dos Manilo. xente de mar e pesca con sona vén gañada. 

Pero a raíña era Josefa Casais Pouso (“Fina”) que, aos seus xa longos e froitíferos  91 anos deixa un enorme baleiro nunha cidade na que, de primeiras no Pombal e posteriormente no Campo, perto da Casa do Concello, deu o salto definitivo ao Malecón vestindo galas de xeadería e docería onde o xeado de turrón era verdadeira delicatessen.  “Fina”, de sorriso aberto e verba florida, sempre tiña un conto e unha conta para quen entraba na docería-xeadería: “E ló onde andas, que levas meses sen vir polo teu xeado de turrón?” .Poñía falta, poñía. E non importaba o número alto de persoas que entraran e saíran do local do Malecón, afeita como estaba “Fina” a atender centos de persoas no forno do Pombal, fronte a antiga ferrería de Caión, tamén na estrada a Martín. “Fina” vén de dicir adeus e déixanos orfos das mil historias cocidas e asadas no forno, cos padais sempre dispostos pola clientela para saborear todo canto do forno saía.  Foron tempos de “guerra” de pedradas entre a rapazada, a cativería de Bandourrío e O Pombal. De ir de “caza” coa escopeta de balotes de Pepe de Evangelina, fino futbolista e docto ciclista que era quen de realizar malabares a bordo dunha bicicleta que a todo deus prestaba mentres el peloteaba no campo de Frións moitos anos antes de que aquí se criaran – tamén para o fútbol- José Ramón e Fran, dous irmáns dos máis recoñecidos como futbolistas ribeirenses que fixeron historia nos estadios de España e Europa coa camisola azul e branca  do Deportivo da Coruña.

Aquel pan de millo inconmensurable que medraba na lata cunha verza como protección lateral para que a masa no se apegara a aquela lata moitas veces recordatorio dos tempos nos que acubillara azafrán ou pemento. Moito sinto o falecemento de “Fina” a do forno, da docería, da xeadería… E Ribeira perde coa súa morte un referente indiscutible na relación de establecementos de peperetes, cando non era doado dispoñer nas cociñas de fornos eléctricos, se ben conservábanse moitos nas cociñas de leña (bilbaínas, lles chamaban) ás que había que lle dar Sidol nos aparellos de metal daqueles monstros de ferro para os facer brillar como patenas.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.