Este sábado preséntase Taragoña na historia de Xosé Ramón Brea Rei

23 Novembro 2021

Este sábado 27 de novembro novamente falaremos de libros en Rianxo. En concreto, presentarase no Centro Cultural de Taragoña o libro Taragoña na historia, de Xosé Ramón Brea Rei, que chega ao nós con motivo do 90 aniversario da Escola Rosalía de Castro. Presentará o acto Xosé Benito Tubío Fachado (profesor) e contarase coas intervencións da deputada provincial Sandra González Castro en representación da Deputación da Coruña (entidade editora), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e o propio autor, Xosé Ramón Brea Rei.

A apertura e o peche musical da cita, virá da man de Valentín Rial (saxofón) e Tano Domínguez (piano).

Para asistir temos que reservar localidades na web municipal, no apartado de reservas.

Brea Rei nunha imaxe na Galipedia de Ermida de Bexo

Un libro de investigación

Nesta nova publicación, o escritor e investigador taragoñés ofrécenos un amplo traballo de investigación iniciado no ano 2019, co gallo da conmemoración do 90 aniversario da escola Rosalía de Castro. Malia que a idea inicial era centrarse na creación e posta en marcha da escola, construída, como tantas outras en Galicia grazas á xenerosidade da veciñanza emigrada na Arxentina, o libro afonda na vida e na historia da parroquia, en persoeiros relevantes da mesma, feitos e acontecementos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...