Este sábado en Boiro, magosto con Xilbarbeira

Este sábado a praza da Terceira Idade de Boiro vai acoller unha nova edición do magosto tradicional con Xilbarbeira. Será ás 17.00 horas e haberá castañas asadas e xogos infantís, amais dun obradoiro de baile tradicional e foliada con Os Liantes de Artes.

Xilbarbeira é unha escola-agrupación de Boiro fundada no 1995, con sede de operacións no Centro Social da localidade. A entidade, que pon o foco na danza e pandeireta tradicional galega, é un colectivo interxeracional no que ten cabida toda aquela persoa con interese pola tradición folclórica da nosa terra.