Este domingo na Pobra, acto público de inauguración do Cruceiro de Abuín

05 Novembro 2021

O Concello da Pobra vén de informar de que este domingo 7 de novembro ás 11.30 horas está previsto un acto público de inauguración do Cruceiro de Abuín, situado na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos, coa finalidade de dar a coñecer o proceso de restauración ao cal foi sometido. Estará amenizado polo grupo de música tradicional Os Caraveiros, ademais de que se disporán uns petiscos no remate.

O acto transcorrerá nas inmediacións do referido cruceiro e, por cuestións de tráfico, o Concello recomenda estacionar os vehículos na contorna do lavadoiro situado nas proximidades da igrexa parroquial de Santo Isidro.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Outros artigos

A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas

Axentes de paisano da Garda Civil de Boiro detiveron a un home no lugar da Pontenaveira, na parroquia pobrense de O Caramiñal, como investigado pola presunta comisión dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas ou substancias que fan grave...

+

Ribeira enche de actividades culturais o mes de maio

O Concello de Ribeira presentou as actividades do programa Maio Cultural, unha axenda na que o equipo de Goberno, a través das áreas de Educación e Cultura, envorcou esforzos para que fose o máis completa posíbel tendo en conta que e encadra no mes das letras por...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...