O Concello de Ribeira informa de que este domingo 21 de novembro vaise celebrar un magosto na parroquia de Carreira.
A actividade será na actual Casa de Cultura e principiará as 18 horas coa actuación do cómico Pedro Brandariz co seu espectáculo Contos e outras andrómenas. Ao remate haberá degustación gratuíta de castañas.
Organiza a Concellería de Cultura de Ribeira.




