“Espelirse diante da Unión Europea”. Antón Luaces

07 Novembro 2021

España debe facer fronte -ao igual que calquera dos anos transcorridos desde a súa integración no ano 1986 na Unión Europea (daquela Coimisión Económica Europea, CEE”- a un novo reparto de TAC e cotas que, polo de agora, non se presenta favorable -nada novo- para os intereses pesqueiros españois.

Por este motivo, o Goberno de España, conxuntamente con outros estados membros como Francia e Portugal, traballa para acadar unha posición común a presentar diante da Comisión Europea os seus argumentos científicos e socioeconómicos que avalen as súas peticións a respecto dos TAC e cotas de pesca para o ano 2022. Neste senso, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, anunciou este mércores no Congreso dos Deputados que o Executivo español está en contra da redución do 18% da pescada do Cantábrico en relación aos Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas de pesca para o vindeiro ano, anunciada pola Comisión Europea.

Luis Planas comprometeuse a traballar intensamente para conseguir  que nas próximas semanas poida mellorarse a proposta comunitaria, proposta que aínda está nunha fase inicial e que debe sobmeterse a diversos debates técnicos no Consello da UE ata que se adopte unha decisión final, prevista para mediados do mes de decembro.

Segundo o ministro español de Pesca existe unha serie histórica de 30 anos con datos dabondo sobre a evolución das poboacións de pescada do Cantábrico. Amáis, os institutos científicos españois presentaron moi bos informes que demostran que o stock biolóxico está  en millores condicións das que sinala a Comisión.Este é o motivo esencial polo que non da a cuestión por pechada, e asegurou que “o Goberno de España vai defender con firmeza os intereses da frota pesqueira españaola” no Consello do mes de decemebro que, com,o xa é coñecido, asigna os TAC e cotas de pesca para o vindeiro ano.

O ministro dixo tamén que “para o Goberno constitúe unha prioridade a sustentabilidade biolóxica das especies, pero tamén a sustentabilidade dos nosos pescadores e armadores”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.