Escrito dos veciños afectados polo trazado do Rally Ribeira-Ría de Arousa

23 Novembro 2021

Os veciños da  parroquia de Oleiros de Ribeira afectados polo trazado do Rally Ribeira-Ría de Arousa presentaron ante o Concello de Ribeira o seguinte escrito adxunto sobre a falta de información e os prexuizos causados aos veciños afectados.Durante o desenvolvmento do Rally producíronse outras situacións particulares, ademais das recollidas neste escrito. Se precisan  máis información ou queren falar con algún dos veciños afectados, poden contactar neste correo.

M.F.

Os veciños e veciñas da parroquia de Oleiros afectados polo trazado do Rallye Ribeira – Ría de Arousa 2021 (TC-6/9: Palmeira – Ribeira) queren expresar o seu malestar pola nula información recibida por parte da Organización do Rallye nin por parte do Concello de Ribeira, como patrocinador do Rallye.
Por iso EXPOÑEN:
✔ O pasado domingo 14 de novembro de 2021 tvo lugar o I Rallye Ribeira -Ría de Arousa. O tramo TC-6/9: Palmeira – Ribeira pasou por diante de numerosas vivendas da parroquia de Oleiros, polos lugares de Lixó, Balteiro, Muíños, etc. Debido a esta situación os residentes destas vivendas non puideron entrar nin saír das súas casa entre as 7:30 e as 15:30 do citado día. A pesar de que o tramo TC-6/9: Palmeira – Ribeira, non tña lugar entre as 11:00 e as 12:30,
aproximadamente.
✔ Estas circunstancias non foron comunicadas en ningún momento aos veciños afectados, nin por escrito nin verbalmente, por parte da Organización do Rallye nin polo Concello de Ribeira.
Tampouco se publicou ningún aviso na páxina web do Concello nin en prensa. A única información recibida polos veciños produciuse o propio día 14 de novembro arredor das 8 da mañá (menos de unha hora antes de comezar a proba) cando pasou un vehículo da organización con megafonía indicando que non se ocupara o asfalto por motvo do Rallye.
✔ Debido á esta falta de información, houbo veciños que, descoñecendo que o Rallye pasaba diante das súas casas, quixeron acceder ás mesmas, pero por parte da Organización non se lles permitu, a pesar de que era o intervalo no que non estaban competndo vehículos no tramo TC-6/9: Palmeira – Ribeira. Neste caso os membros da Organización ou de Protección Civil puideron acompañar a estes veciños ata as súas vivendas sen perigo ningún, pero non foi o
caso.
✔ Ademais, o fn de semana anterior (5, 6 e 7 de novembro) tveron lugar uns recoñecementos do trazado por parte de partcipantes no Rallye, dos que tampouco foron informados previamente os veciños nin houbo ningún control por parte da Policía Local, Garda Civil ou Protección Civil, a pesar do perigo que supoñía a circulación polas vías da parroquia de numerosos vehículos, algúns dos cales circulaban a velocidades excesivas e trazando as curvas de xeito temerario. Debido a esta circunstancia, varios veciños tveron que alertar á Policía Local informando da situación, posto que case ten lugar un atropelo a uns veciños da parroquia nas curvas entre Lixó e Balteiro por parte dun destes vehículos.

✔ Esta falta de información por parte do Concello de Ribeira e da Organización do Rallye afectou ao desenvolvemento das actvidades diarias e da vida dos veciños da parroquia, posto que ao non ter ningunha información ofcial previa, os veciños non puideron organizarse con antelación para evitar algún dos inconvenientes que tveron lugar polo desenvolvemento do Rallye. Todo isto causou un gran malestar na veciñanza, ademais de considerarase como unha
falta de respeto cara os veciños afectados.
Por todo isto SOLICITAN:

  1. Que no caso de organizarse outra edición do Rallye de Ribeira, se valore cambiar o trazado do mesmo, para non perxudicar outro ano máis aos mesmos veciños.
  2. Informar por escrito e con sufciente antelación aos veciños afectados polo trazado do Rallye, sobre todo no caso de ver limitado o acceso á súa vivenda.
  3. Non impedir o acceso ás vivendas durante 8 horas seguidas, cando o desenvolvemento do Rallye por esa zona ten unha duración aproximada de 3,5 -4 horas.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.