En Ribeira feridos nunha saída de vía nas Carolinas

14 Novembro 2021

Dúas persoas resultaron feridas nunha saída de vía rexistrada ás 14.50 horas deste domingo na avenida das Carolinas de Ribeira. No coche viaxaban dúas persoas e, ao parecer, unha indisposición do condutor puido ser a causante do accidente. Os dous foron trasladados ao hospital de Barbanza polo 061.

O sinistro produciuse nas inmediacións da rotonda das Carolinas onde o turismo saíuse da vía e atravesou o carril contrario para acabar impactando contra un muro. A persoa que viaxaba de acompañante sufriu lesións nun pé, mentres que o condutor foi atendido por un posible ataque de epilepsia. No operativo de emerxencias participou a Policía Local, GAEM e os bombeiros de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...