En Ribeira clausurado o Obradoiro de Cociña O Pote II

12 Novembro 2021

Logo de doce meses de duración —tres máis dos inicialmente previstos por mor da pandemia— quince mozos e mozos concluíron hoxe a súa formación no obradoiro de emprego de cociña O Pote II, que tivo na escola de
hostalería do mercado o seu centro de operacións.
O alcalde Manuel Ruiz, o concelleiro de Promoción Económica de Ribeira, Ramón Doval; a directora da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, Rosanna López; e a xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Judit Fontenla, compareceron no Centro Cultural Lustres Rivas para proceder á entrega de diplomas, felicitalos pola súa implicación e animalos a mergullarse nun sector que demanda un perfil cada vez máis profesionalizado.
Alumnado, persoal docente e autoridades concluíron o acto cunha foto de familia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.