En Ribeira acendido da iluminación de Nadal e apertura do Belén Municipal

26 Novembro 2021

Coincindo coa celebración do Black Friday no casco urbano da cidade se acaba de proceder ao acendido de Nadal no casco urbano de Ribeira e ao descubrimento do Belén Municipal no Malecón, que este ano posúe como novidade diversos elementos móbiles ademais dun volcán como homenaxe de Ribeira á illa da Palma.

Entre os elementos da iluminación navideña, destaca a colocación dunha bola xigante de máis de 9 metros de altura situada na Praza do Concello e transitable polo seu interior onde tamén se colocou unha escena luminosa da Sagrada Familia cun percorrido con fío luminoso.

Tamén cabe destacar que todo o perímetro do Concello está decorado cunha cortina de microbombilla, así como a instalación de catro pórticos luminosos nas entradas da rúa de Galicia e Rosalía de Castro, que miden 12 metros de alto e que contan con 60.000 puntos led en tonos vermellos.

Na fachada da igrexa de Ribeira, ademais da decoración da fachada cun rosetón de micrombilla colocáronse tamén 2 anxos xigantes no adro e fío de luz nas árbores do entorno ademais de 4 conos de 2,5 metros cada un en tonos brancos.

Complétase a iluminación co teito de microbombilla branca instalado na zona  peonil da rúa Rosalía de Castro, a colocación de case 200 arcos navideños distribuídos polas principais rúas e prazas de Ribeira e das súas parroquias,  a decoración de 147 árbores e palmeiras, medio cento de adornos de farolas, a iluminación con motivos de Nadal das Igrexas, así como a instalación de árbores de Nadal cónicos de 5 metros en cada unha das parroquias,  unha árbore transitable de 12,5 metros na praza de España, unha árbore de 7 metros na praza Heroínas de Sálvora, a fonte luminosa na rotonda da Concordia, a rotonda de Xarás e a entrada do edifico do Mercado Municipal e unha árbore de 20 metros con luz e movemento no Paseo do Malecón.

Ademais da iluminación, a decoración navideña completarase nas vindeiras semanas coa colocación dos puntos de recollida de soños nas distintas parroquias (bancos e buzóns de Nadal), un photocall navideño ou unha casiña de Nadal na Praza de Porta do Sol a onde acudirán os elfos do Pai Noel e os paxes reais e a decoración dos adros das igrexas por parte das florerías locais, entre outras cousas.

Está previsto que a iluminación no resto de parroquias entre en funcionamento o día 4 de decembro, se ben é posible que nalgúns puntos se adiante unha xornada.

O acendido da iluminación será ás 18:15 h e o apagado realizarase ás 2 da madrugada como norma xeral, excepto nas madrugadas do 24, 25, 26 e 31, de decembro e 1 e 2 de xaneiro que se realizará o apagado ás 7:00 horas.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.