En Rianxo en marcha a primeira fase de ampliación da depuradora e a súa conexión co tanque de tormentas

09 Novembro 2021

A Xunta acaba de poñer en marcha a primeira fase de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Rianxo e a súa conexión ao tanque de tormentas, para seguir avanzando nas obras de saneamento municipal, que suporán un investimento autonómico global de 14 millóns de euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, dá así uno novo pulo ás intervencións en execución cara á mellora do servizo de saneamento e do sistema de depuración no municipio coruñés. Trátase da ampliación da depuradora, á que a Xunta destina un investimento de máis de 7,5 millóns de euros, e da execución do tanque de tormentas e a ampliación do novo colector, que supoñen un investimento de 6,5 millóns de euros.

A posta en funcionamento desta primeira fase da ampliación da depuradora, que se executa en dúas fases para garantir o tratamento das augas residuais de Rianxo en todo momento, permitirá comprobar o seu axeitado comportamento de xeito previo á realización da segunda fase das obras, que consistirá no corte de entrada das augas ao antigo tratamento e na súa posterior demolición.

Unha vez confirmado o correcto comportamento desta primeira fase das actuacións, procederase á demolición do tratamento antigo e á culminación e posta en marcha da depuradora completa. Estas parte final da intervención suporá un tempo estimado de 18 meses.

Para poder poñer en marcha esta primeira fase da depuradora, foi necesario rematar a execución do tanque de tormentas, desde onde se están a levar as augas residuais á nova estación de tratamento, mentres se continúa coas obras no resto da rede.

Cómpre lembrar que os traballos de ampliación da depuradora de Rianxo completan esta actuación, na que se inclúe, ademais do tanque de tormentas, a ampliación do novo colector.

Solucionar o excesivo volume de augas residuais en rede

Coa posta en marcha desta primeira fase das obras de ampliación da depuradora de Rianxo a Xunta progresa para adecuar a capacidade de tratamento destas instalacións ás necesidades reais co obxectivo de solucionar a problemática actual derivada do excesivo volume de augas residuais en rede e da súa carga contaminante.

O conxunto das actuacións impulsadas desde o departamento que dirixe Ethel Vázquez permitirán, non só mellorar o servizo de saneamento e depuración que se lle presta aos veciños de Rianxo, coa conseguinte mellora da súa calidade de vida, senón tamén, acadar unha xestión eficaz e eficiente da auga. Isto incidirá na mellora da calidade das augas da ría e na recuperación de zonas costeiras, algo esencial para a pesca, o marisqueo e o turismo da zona.

As intervencións forman parte do Plan de saneamento local para a Ría de Arousa, un dos primeiros redactados desde a Xunta, e contan con financiación nun 80% do programa operativo europeo FEDER.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...