En Oleiros (Ribeira) ferida unha muller nun aparatoso accidente

28 Novembro 2021


Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico que tivo lugar a pasada madrugada na estrada comarcal C-550, á altura da localidade ribeirense de Oleiros.

O turismo saíuse da calzada por causas que se descoñecen e chocou contra un noiro, resultando gravemente danado. Ata o lugar do suceso, ocorrido pouco antes da medianoite desprazáronse axentes da Policía Local de Ribeira, Tráfico e bombeiros do parque local, que se encargaron da limpeza da vía. A muller foi trasladada a un centro sanitario.

Foto Bombeiros Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.