En Escarabote arde a cabina dun camión de froita aparcado no porto


Un camión aparcado no porto de Escarabote sufriu esta pasada madrugada un incendio. As causas se descoñecen polo momento. Ao lugar do suceso desprazáronse bombeiros do parque boirense sobre as cinco da mañá. Cando chegaron a cabina do vehículo ardera por completo e as chamas afectasen tamén a parte da carga de froitas que transportaba.

O lugar do suceso acudiron axentes da Garda Civil, que abriron unha investigación para esclarecer a orixe do lume, e a Policía Local de Boiro. Tamén acudiu o propietario do camión, veciño da zona.

Foto: ADC Bombeiros Boiro