EM2 leva O home que plantaba árbores á Casa da Cultura de Boiro

16 Novembro 2021

O grupo EM2 (Emoción&Arte) vai representar o espectáculo Semente. O home que plantaba árbores na Casa da Cultura de Boiro, este 19 de novembro a partir das 20.00 horas. Trátase dunha función cunha marcada vertente medioambiental especialmente indicada para inculcar valores de sustentabilidade e respecto pola natureza entre o público infantil e familiar. A peza está inspirada no libro do mesmo título de Jean Giono, que nos achega unha historia sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial. “É unha historia admirábel”, sinalan dende a agrupación teatral, “que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os sus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia”.

Compra de entradas no propio día da función a partir das 18.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.