Detidas en Ribeira dúas persoas por agresión a un axente da Policía Local

22 Novembro 2021

A Policía Local de Ribeira comunicou a detención na noite deste 21 de novembro de dúas persoas pola agresión a un axente no poboado da Conlleira. Os feitos tiveron o inicio ao ser detectada no lugar unha morea de refugallos ardendo, na súa maior parte colchóns, sen que nas inmediacións da fogueira houbese persoa a cargo da mesma. Ante esta situación, os axentes activaron os dispositivos de emerxencia luminosos e acústicos do vehículo policial, aparecendo unha persoa portando un cubo de auga que, sen éxito, tentou sufocar o lume. Os policías decidiron entón chamar ao 112 solicitando unha dotación de bombeiros, dada a proximidade das lapas á masa forestal e vivendas do poboado.

Os axentes fixeron saber que mentres agardaban dentro do vehículo observaron que a persoa que minutos antes tentara a apagar o lume aproximouse ao coche e recriminou a súa actuación, á vez que fixo amago de golpear o vehículo co cubo que carrexaba na man. Por esta razón, os axentes baixaron do coche para conseguir que a persoa desistise das súas accións, pero se ben lograron que se retirase, o individuo comezou a alertar a plena voz a outros moradores das vivendas do poboado. A continuación, os axentes víronse rodeados polos detidos así como por outros ocupantes do poboado, tendo que despregar as súas defensas regulamentarias para delimitar unha distancia de seguridade, tanto por seguridade persoal como por seguridade sanitaria do COVID-19.

Nun momento dado os dous detidos traspasan a distancia de seguridade e abordan a un dos axentes agarrándolle a defensa e o antebrazo dereito, producíndose un forte tirapuxa e ocasionándolle lesións. Houbo a necesidade de solicitar a colaboración da Policía Nacional, procedendo a continuación á detención das dúas persoas.

O poboado de chabolas de A Conlleira, visto dende a Autovía do Barbanza á entrada de Ribeira

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...