Cultura de Rianxo retoma os seus obradoiros de escultura en cartón pedra

19 Novembro 2021

A Concellaría de Cultura de Rianxo retoma esta tempada os seus obradoiros de escultura en cartón pedra para persoas de todas as idades. O obxectivo é que as e os participantes poidan “aprender unha técnica artesán, sinxela, antiga e ecolóxica, ideal para pezas de gran formato, ao tempo que colaboran na creación de pezas que serán empregadas na cabalgata de Reis deste ano e outros eventos”.

As actividades programadas serán impartidos pola artesá local Electra Menéndez, de Pedras, Artesanía e Patrimonio.

-Obradoiro de escultura en cartón pedra. En novembro e decembro. Inicio o sábado 27 de novembro. 5 sesións (sábados e/ou domingos).

-Obradoiro para familias. Destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. 5 sesións (sábados e/ou domingos) de 11.00 a 13.00 horas.

-Obradoiro para persoas adultas. Destinado a persoas maiores de 12 anos, 5 sesións (sábados e/ou domingos)​​​​​​​ de 17.00 a 20.30 horas.

Máis información e inscricións no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, presencialmente, a través do teléfono 981 100 688 ou por medio do correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...