Costas e Concello inauguran a nova senda peonil costeira de Noia

23 Novembro 2021

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, estivo este martes 23 en Noia na apertura oficial da nova senda peonil costeira do concello, que une a contorna da estación depuradora coas Abruñeiras. Na estadía na vila salientou “o compromiso da Demarcación de Costas na recuperación da fachada marítima de Noia”, un compromiso que se traduce en iniciativas como a inaugurada este 23 de novembro, froito da colaboración entre Costas e o Concello. Tamén destacou a importancia paisaxística, turística, medioambiental e saudábel da nova senda, de 210 metros de lonxitude e habilitada logo dun investimento de 43.000 euros.

María Rivas asistiu ao simbólico acto de apertura da senda, acompañada polo xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil; ademais de polo alcalde Santiago Freire.

Unión de varias contornas

Segundo recordaron Rivas e Freire, o lugar de Abruñeiras comunícase coa vila mediante o paseo existente na fachada marítima, aínda que tamén é posíbel acceder a través dunha senda peonil recentemente construída polo Concello que, partindo da estación depuradora, transita até a rúa Río do Porto bordeando o litoral.

O obxecto da actuación realizada é permitir a unión de ambas as zonas mediante unha senda, de 210 metros de lonxitude e 2,5 metros de anchura, cun pavimento natural constituído por materiais naturais e conglomerante contido entre dous bordos de madeira, tratada para a intemperie de tipoloxía natural, que discorre pola servidume de tránsito.

Rivas lembrou que os traballos incluíron a rehabilitación de toda a servidume, a retirada de pequenos materiais de recheo existente, a adecuación e consolidación dun pequeno dique e o retranqueo de varios peches particulares. Asemade, procedeuse á colocación dunha varanda rústica de postes de madeira e corda para delimitar as zonas de maior desnivel do terreo.

A obra foi realizada pola empresa Alvac e iniciouse o 4 de outubro. O seu custo foi de 43.619,23 euros.

Esta actuación engádese á xa realizada hai uns meses e que permitiu dotar á fachada marítima de Noia dun bordo peonil entre o Paseo do Porto e a Ponte do Campo das Rodas. A actuación foi realizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e iníciase no límite portuario, discorrendo paralela ao Malecón de Gasset e até a ponte do Campo. Incluíu entre outras cousas a execución dun beiril (voladizo)de aproximadamente 250 metros de lonxitude, que permitiu facer un paseo peonil de 2,4 metros de ancho, de madeira, sobre a ría de Noia, apoiado nunha estrutura metálica en beiril feito en aceiro inoxidábel. Asemade, implantouse unha glorieta no cruzamento dos diques de Gasset e Cadarso coa ponte. Os traballos, realizados por Copcisa, iniciáronse en novembro de 2019 e finalizaron en xuño deste ano, cun custo de 598.759,57 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

¡Gooool! Ese es el cántico que se ha escuchado prácticamente en todas las calles de España. El “¡Yo soy español, español, español...!” ha retumbado en todos los rincones del país cuando el árbitro señaló el final del partido que nos ha convertido en reyes de Europa. 4...

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...