As xornadas de turismo mariñeiro da Pobra contaron coa participación de alumnado do IES Félix Muriel

05 Novembro 2021

Arredor de 35 estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo, entre eles, alumnos e alumnas procedentes de Irlanda e Croacia ao abeiro do programa Erasmus+, participaron na xornada de turismo mariñeiro dirixida a centros educativos
que tivo lugar neste 5 de novembro na Pobra do Caramiñal e que organiza a Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en colaboración coa Asociación Mar da Pobra, coa finalidade de lles aproximar ás novas xeracións o oficio das mariscadoras e fomenta-lo respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ademais de contribuír con esta acción á desestacionalización da demanda turística.
Primeiramente foron recibidos e recibidas por unha das técnicas do Turismo do Concello, quen lles explicou a actividade e fíxolles entrega dun receitario con diferentes elaboracións con bivalvos que se realizan nos establecementos hostaleiros do municipio. Así mesmo, da man das mariscadoras, tiveron a oportunidade de coñecer, na praia dos Areos, os recursos marisqueiros presentes no litoral da localidade, así como os aparellos que se empregan para a súa extracción.
Estas visitas experiencia dirixidas a centros de ensinanza de toda Galicia terán continuidade nos próximos meses seguindo a dinámica das xornadas que se desenvolveron no verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.