A Asociación A Creba de Ribeira recibe axuda do Concello

03 Novembro 2021

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro Rego, mantivo unha reunión no centro de rehabilitación que a asociación A Creba ten no barrio ribeirense de Abesadas coa fin de escoitar e abordar as necesidades desta
entidade orientada a mellorar a calidade da vida das persoas afectadas con doenzas mentais, así como a dos seus familiares.
No transcurso da xuntanza que a edil mantivo con Montse Vila, repasaron diversos nexos de cooperación, tales como o convenio subscrito en virtude do cal o Convenio colabora na financiación do programa de transporte de usuarios da asociación cunha dotación de 3.000 euros.
A esta acción súmase unha recente demanda da asociación A Creba para que o Concello axude a sufragar os gastos derivados de persoas usuarias en circunstancias vulnerables que se atopan en lista de espera ou demandan algún servizo concreto e no poden afrontar o total do gasto. A tal efecto, o Concello contribuirá cunha nova achega de 2.000 euros.
A rolda de reunións que Ana Barreiro —quen, cómpre lembrar, asumiu a delegación de Servizos Sociais no verán pasado— está a manter coas distintas entidades sociais que operan no noso municipio proseguirá nos próximos días con xuntanzas xa axendadas con Cruz Vermella e Ambar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...