As asociacións A Creba, Ambar, Amicos, Faibén e Renacer reciben axudas do Concello de Ribeira

26 Novembro 2021

O Concello de Ribeira, a través do alcalde Manuel Ruiz, formalizou na mañá destes 26 de novembro cinco acordos de colaboración con outras tantas entidades sociais con presenza no termo municipal, co obxectivo de respaldar a súa importante actividade. Trátase das seguintes asociacións: A Creba, Ambar, Amicos e Renacer e a Fundación Faibén de Apoio á Infancia.

No acto, na que tamén estivo presente a concelleira de Servizos Sociais Ana Barreiro, o rexedor salientou “o labor que estas entidades están a realizar no noso municipio en aras a reducir a desigualdade”.

O importe global da contía destinada a estas cinco entidades ascende a 15.000 euros (3.000 euros cada unha), cifra que o alcalde comprometeuse a incrementar na próxima anualidade.

As achegas están dirixidas a colaborar no programa de transporte de usuarios da asociación A Creba; o proxecto Vivindo na comunidade de Ambar (unha vivenda con capacidade para 5 persoas con diversidade funcional, que serve de ponte á vida autónoma e independente), o servizo de atención psicopedagóxica de Amicos; o programa Proxecto contigo da Fundación Faibén (programa destinado a acompañar e apoiar os proxectos de vida das persoas que viviron parte da súa infancia ou adolescencia nas casas de familia de Faibén), e o desenvolvemento das campañas informativas e de sensibilización no ámbito do consumo de drogas, uso/abuso das novas tecnoloxías, embarazos non desexados, VIH/SIDA e outras infeccións de transmisión sexual que promove a Asociación Renacer.

Outros artigos

O BNG celebra en Ribeira un acto para conmemorar o Día da Patria Galega

No marco da campaña previa á celebración do Día da Patria, o 25 de xullo, a organización nacionalista celebrou un acto na localidade de Ribeira poñendo en valor o traballo que o BNG realiza na defensa dos intereses dos galegos e galegas e a transformación a mellor das...

+

O ribeirense Julio Silva, protagonista dun roteiro en Santiago

Este xoves 10 de xullo, Santiago de Compostela acolleu un roteiro histórico e cultural que percorreu os pasos do ribeirense Julio Silva Vilas, destacado sindicalista, xornalista e activista republicano, asasinado polo réxime franquista en xaneiro de 1937....

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.