Sen restar importancia aos previsibles problemas derivados da postura do Reino Unido a respecto das augas británicas e os obstáculos que este país está a poñer para permitir faenar nelas ás frotas da Unión Europea -entre as que, obviamente, está a española) o recén reelixido presidente (por sétimo ano consecutivo) da Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras (ICFA, polas súas siglas en inglés), o sanluqueño Javier Garat, coida que o grao de afectación para os intereses españois é moi inferior ao de países comunitarios como Dinamarca (que capturaba 200.000 toneladas de peixe anualmente) ou Francia, cuxa frota pescaba en augas británicas algo máis de 100.000 toneladas cada ano, ou Bélxica, Holanda, etc., que superan con moito as capturas españolas que son meramente testimoniais ao seu lado: 9.000 toneladas anuais.
Son declaracións feitas a este xornal polo propio Javier Garat quen, nunha rápida análise das circunstancias, coida que no seo da UE existen outras cuestións de maior incerteza para o futuro pesqueiro. E cita, en concreto, plans de futuro como o denominado “Pacto Verde” que, na súa opinión, “non é moi optimista para España”, como se poderá comprobar a curto prazo de tempo.O feito de que o Goberno francés teña decidido aportar entre 40 e 60 millóns de euros para reducir a súa frota pesqueira “é comprensible”, afirma Garat, quen a ese cargo de presidente de ICFA suma o de presidente de Europêche e o de secretario xeral da Confederación Española de Pesca (CEPESCA): “Aquí, as nosas asociacións de armadores teñen solicitadas axudas ao despezamento de barcos de case todas as frotas. A situación en España é preocupante: as constantes reducións de TAC e cotas, a falta de relevo xeracional levan, indefectiblemente, a un reprantexamento de futuro. Por isto non debe solprender a ninguén que tamén en España se soliciten axudas para o despezamento de barcos de pesca”.
A reeleción de Javier Garat como presidente de ICFA mostra a confianza que na súa persoa teñen os representantes dos asociados dun total de 17 países que integran esta coalición internacional de ámbito mundial que defende os intereses pesqueiros dos devanditos países, o que para el “é unha satisfación persoal” dado que ven refrendada pola unanimidade dos seus integrantes. Na sesión de ICFA que proclamou a reeleción de Garat fíxose un repaso aos principais retos do sector pesqueiro a escala global de cara ao ano 2022 definido como o “súper ano” dos océanos e o medioambente; sobre a Diversidade Biolóxica (CBD), que deberá decidir sobre os novos obxectivos globais de biodiversidade post 2020 a longo prazo (2050) e os de curto prazo (2030).En particular deberá decidirse sobre a porcentaxe de Áreas Mariñas Protexidas (AMP) e outras medidas de conservación equivalentes que se deben acadar no mundo, os obxectivos relacionados co uso sustentable dos recursos mariños, coa resiliencia dos ecosistemas mariños, coa seguridade alimentaria ou cos subsidios pesqueiros, así como a xestión adaptativa da pesca para afrontar o cambio climático.
Por outra banda, 2022 “pode ser un ano crucial” para a aprobación do instrumento xurídico vinculante no marco de Nacións Unidas sobre a xa citada Biodiversidade Biolóxica máis aló da Xurisdición Nacional (BBN) que, segundo a patronal mundial, podería ter un impacto negativo nas actividades da pesca en alta mar se non se ten debidamente en conta o traballo realizado no seo das Organizacións Rexionais de Pesca (ORP).Os subsidios da pesca citados por Javier Garat, están a se desenvoler no seo da Organización Mundial de Comercio (OMC) que, ao igual cas campañas “difamatorias”que realizan contra as artes de arrastre as entidades ecoloxistas, foron outros asuntos tratados nesta reunión da ICFA. E para os vindeiros meses quedan, segundo Garat, aspectos como a Conferencia dos Océanos a celebra por Nacións Unidas en Lisboa, a reunión -tamén de Nacións Unidas- sobre a biodiversidade en alta mar, a reunión con CITES a final de ano para tratar de corrixir a decisión de prohibir a España a comercialización do marraxo dientuso ou, o vindeiro luns, o debate coa FAO sobre o traballo a bordo cadrando coa celebración do Día Mundial da Pesca.