Ana & Marían, de Noia e Outes, conseguen o segundo premio musical de Xuventude Crea

29 Novembro 2021

O programa Xuventude Crea da Xunta de Galicia concedeu finalmente os seus premios ao novo talento musical galego (entre outras categorías creativas). O primeiro galardón (que recibirá unha contía económica de 3.000 euros) foi dar á ourensá Alicia Otero, por O retrato e Saliva y alquitrán. A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, foi a encargada de entregar os recoñecementos aos gañadores durante a final, que tivo lugar este domingo no Playa Club da Coruña. O segundo premio (dotado con 1.500 euros) foi dar a mans das artistas Ana & Marián (de Noia e Outes), cos temas Faros e Canto ao mar.

Nesta especialidade de Xuventude Crea presentáronse un total de 19 solicitudes nas que están involucrados 36 mozas e mozos entre grupos e solistas. Finalmente, foron tres grupos e tres solistas os que chegaron á última fase.

O terceiro premio foi para Karma Animal (Vigo), con Fénix e Marfil. Os autores das obras gañadoras tiveron que competir co resto de finalistas, entre os que se atopaban Burgas Vandal (Ourense), cos temas Inimigo e Purgatorio; Tiam Gz (Chantada), coas pezas Males endémicos e Muinhei-rap de Chantada; e Galboir (Arzúa), cos temas Noite eterna e Case todo ben.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.