Alumnado do Colexio de Aguiño coñece as exposicións do Lustres Rivas e o Museo

Uns 50 alumnos de primaria do colexio Heroínas de Sálvora de Aguiño acudiu esta mañá ao Centro Cultural Lustres Rivas e a Sala Museo Municipal de Ribeira para coñecer dúas exposicións: por un lado a mostra escultórica “Madeiras á Deriva” de Jesús Martínez Lombó que está acollendo o citado centro cultural e que dende o pasado martes foi visitado por máis de 300 rapaces de infantil e primaria, procedentes dos colexios O Grupo e Aguiño, ademais dunha ducia de maiores do IV Ciclo da Universidade de Santiago.
E por outra parte, os visitantes de hoxe tamé puideron participar na visita guiada a cargo da heroína Cirpriana Cruejeiras na exposición Bravura que dende este 2 de xaneiro está tendo lugar no museo con motivo dos cen anos do afundimento do Santa Isabel.
En ambas instalacións estivo presente a concelleira de Cultura María Sampedro.