Adxudicada a rede de saneamento con pozo de bombeo en Agrelo (Ribeira)

30 Novembro 2021

O Concello de Ribeira vén de adxudicar os traballos para a instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Agrelo, entre as parroquias de Olveira e Oleiros. A adxudicación recaeu en Construcciones Anspa e comportará un investimento de 166.980 euros. Había 23 ofertas presentadas.

Dacordo co proxecto elaborado polos técnicos municipais, habilitarase unha rede de saneamento formada en primeiro lugar por unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 1.048 metros de lonxitude, ademais de 31 pozos de rexistro. A través do colector conduciranse as augas feciais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde está previsto implantar un bombeo con dúas bombas somerxidas fixas. Dende aquí as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 758 metros de longo e 125 milímetros de diámetro ata a súa conexión á rede xeral.

Está adscrita ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020.

O prazo de execución son cinco meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.