Abanca e os empresarios de Rianxo colaboran para impulsar o comercio local no Camiño de Santiago

25 Novembro 2021

A entidade financeira Abanca e a Asociación de Rianxeira de Empresarios (ARE) veñen de asinar un
convenio de colaboración co foco posto no apoio aos negocios de proximidade que se atopan nas zonas polas que discorre o Camiño de Santiago. Este esforzo conxunto, sinalaron as dúas entidades, resulta “de grande relevancia para o impulso do comercio local”.

O acordo foi rubricado en Rianxo polo director da oficina da entidade financeira galega en Rianxo, Juan Videla Gómez, e polo presidente da Asociación Rianxeira de Empresarios, José Manuel Regueira Vázquez.

Trala sinatura, os comerciantes adheridos terán acceso ás vantaxes que inclúe o documento, no que destaca un plan de financiamento creado polo banco e a asociación para dar resposta ás necesidades do colectivo.

Amais, definiuse un plan de financiamento específico para instalacións de eficiencia enerxética, que amosa “un sólido compromiso do banco coa sustentabilidade”, sinalou o director da oficina rianxeira, salientando tamén que grazas a esta alianza os comercios asociados poderán gozar de “condicións vantaxosas para a rehabilitación e adecuación dos inmóbeis dos seus negocios ao atoparse nun casco histórico situado no trazado do Camiño de Santiago”.

O acordo coa Asociación Rianxeira de Empresarios enmárcase dentro das accións postas en marcha por ABANCA como un dos principais patrocinadores do Xacobeo 21-22.

Como dixemos, no convenio detállanse unha serie de produtos e servizos específicos para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade nos negocios dos asociados. Desta forma, os comerciantes poderán acceder a produtos deseñados de xeito específico, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros competitivos.

Para “adaptarse ás necesidades máis inmediatas da actividade diaria do comercio local rianxeiro”, no documento recóllense outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring.

Ademais, Abanca activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións ante a crise.

Os comerciantes rianxeiros poderán beneficiarse de condicións melloradas na contratación de TPV, tanto físicos como virtuais. A maiores, salientou o director da oficina, “os adheridos terán acceso ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén por transferencias, ingresos de cheques e outros servizos habituais”.

Outros artigos

Este venres comezan as Festas da Virxe do Carme de Rianxo

Este venres 12 de xullo comezan as Festas da Virxe Do Carme de Rianxo, que ofrecen a residentes e visitantes cinco completas xornadas de celebracións festivas con todo tipo de actividades. A axenda comeza este venres co festival RianClown a partir das 20.30 horas e co...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...