A Xunta destaca o papel da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos na difusión da Cultura Mariñeira

16 Novembro 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na celebración do sorteo de 20 cestas mariñeiras entre os 100
visitantes que nos últimos meses completaron o pasaporte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) -é dicir, que visitaron polo menos cinco dos museos integrados na rede- e entre os seguidores en redes sociais desta iniciativa promovida por grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de España e Portugal. A titular de Mar, que estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, foi a encargada de extraer as papeletas nunha acción que pretende animar aos cidadáns a visitar os museos atlánticos, uns espazos que son fundamentais para a difusión da cultura mariñeira e a protección do patrimonio marítimo-pesqueiro de Galicia.
A actividade, desenvolvida ao abeiro do proxecto de cooperación interterritorial e transnacional para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca Pasaporte Rema, pretende impulsar a peregrinación polos museos da rede a través do selo Remiña que, ao estilo da Compostela do Camiño de Santiago, serve para acreditar o paso por cada un deses espazos. Os premiados con 19 cestas son persoas que entre o 18 de maio e o 1 de novembro deste ano completaron o seu pasaporte ao visitar polo menos cinco museos da rede REMA. Mentres, o último gañador correspóndese cun dos participantes no concurso a través das redes sociais. As cestas dos premios están feitas polas redeiras de Corme e o seu contido inclúe produtos do mar e experiencias ou aloxamentos relacionados con distintos proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participará na celebración do sorteo de 20 cestas mariñeiras entre os visitantes e seguidores en redes sociais da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), unha iniciativa impulsada polo proxecto dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) Pasaporte Rema.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...