A segunda edición da campaña Raña e gaña repartirá na Pobra agasallos por un valor total de preto de 15.000 euros

24 Novembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal e o comercio local volven unir forzas e botan a andar unha segunda convocatoria da campaña Raña e gaña, focalizada neste Nadal para a dinamización económica do municipio, e para a cal se volve contar novamente coa colaboración do tecido empresarial. Repartiranse máis de 70.000 rascas en 60 establecementos comerciais e de servizos do concello entre os días 27 de novembro e o 6 de xaneiro, ambos incluídos, que se traducirá en arredor de 600 agasallos directos por un importe total de case 15.000 euros.
A concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), puxo en valor esta iniciativa que xurdiu da relación directa entre a Administración local e o sector comercial para seguir repartindo ilusión e vigorizar a actividade económica do municipio. Fixo así referencia ao éxito acadado no pasado Nadal que se traduciu nun movemento de
aproximadamente 800.000 euros. Aproveitou, ademais, a ocasión para expresa-lo seu agradecemento a tódolos comercios participantes, así como ás empresas colaboradoras Congalsa, Grupo Roig, Rianxeira/Escurís, Conservas Ramón Franco, estación de servicio Avia e DS Smith Cartogal.
Entregarase un rasca por cada dez euros de compra e, aqueles que resulten premiados, especificarán o agasallo xunto co establecemento onde se debe recoller, tal e como explicou a técnica municipal, Sara Sánchez. No caso concreto das contribucións das empresas colaboradoras xa referidas, será preciso acudir á Oficina de Turismo, onde o persoal municipal se encargará da xestión, pois os artigos permanecerán alí expostos. A atención ao público é de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas. O prazo para recolle-los premios será ata 28 de febreiro de 2022.

Pola súa parte, a directora das relacións externas de Congalsa, Isabel Cañas, indicou que decidiron darlle continuidade á súa colaboración e contribuír a xerar ilusión con este tipo de campañas. Achegarán, polo tanto, dez lotes de produtos e a viaxe familiar a Eurodisney. E, en representación do comercio local, Noelia Hermo, agradeceu a implicación de tódalas partes por seguir apostando polos establecementos de proximidade a través desta iniciativa e animou á xente a tomar parte dela co mesmo empuxe que na pasada edición.
Entre os establecementos participantes, que contarán cun distintivo nun lugar visible, figuran tendas de roupa, alimentación, deportes, centros de estética, xoiarías ou informática, entre outros, o cal é unha mostra da
heteroxeneidade dos locais integrantes desta campaña e, polo tanto, dos agasallos que se entregarán: dende produtos alimentarios a sesións fotográficas, tratamentos de beleza ou complementos, os cales son só algúns dos exemplos. Por parte das empresas colaboradoras, os agasallos consistirán, principalmente, en lotes de produtos, dispositivos
eléctricos, maletíns de limpeza de vehículos e unha viaxe familiar a Eurodisney.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

El inicio de la duodécima legislatura en el Parlamento gallego reconcilia con la política,al menos por unos días. Sin entrar en los detalles de la liturgia protocolaria del acto, haydos imágenes relevantes que captaron las cámaras y publicaron los medios impresos...

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...