“A reforma laboral de 2012, derrogada polo goberno español”. Antón Luaces

02 Novembro 2021

​A derrogación da reforma laboral aprobada en 2012 será un feito o ano que ven de se cumprir o compromiso acadado hoxe polos dous partidos que conforman o Goberno presidido por Pedro Sánchez. O principio de acordo fixa unha posición común na derrogación da reforma laboral aprobada vai 9 anos. Un acordo de coaligación asinado por Pedro Sánchez e Pablo Iglesias e establecido no plan que o Ministerio de Traballo entregou á Unión Europea. En ambos os dous casos establécense a simplificación de contratos, a ultraactividade, o reequilibrio das forzas na negociación entre traballadores e empresas, a revisión da prevalencia dos convenios e a subcontratación, eixo fundamental que a vicepresidents segunda, Iolanda Díaz, pretendía abordar e que foi motivo de conflito no seo do Executivo, especialmente cando se soubo que a Vicepresidenta económica, Nadia Calviño, quería facerse cargo da coordinación desa reforma laboral que, desde sete meses antes, negociaba a Vicepresidenta de Traballo.

O compromiso para a derrogación queda, polo tanto, establecido, sentando as bases das modificacións lexislativas que formulara a propia Iolanda Díaz.

Unidas Podemos asegurou estar satisfeito co que recolle o acordo. Este inclúe un recoñecemento a todo o traballo desenvolvido no diálogo social dos últimos sete meses. O  Goberno deixa nídiamente claro que o obxectivo fundamental era acadar un consenso con sindicatos e patronais, “un acordo con todas as partes xusto e equilibrado”. Hai vontade, dixo tamén o Executivo, “de obter unha reforma duradeira dentro do acordo establecido coa Comisión Europea no Compoñente 23 do Plan de Recuperación”.

Falouse por ambas as partes de “clima positivo” e “actitude construtiva” e que a derrogación vai permitir a construción dun “novo modelo de relacións laborais para o século XXI que acompañe o proceso de modernización da economía grazas aos fondos europeos, a través do diálogo social”.

 Para a Secretaría de Comunicación “o Goberno de Espàña está a definir as relacións laborais do século XXI, cumprindo coa palabra dada. Trátase de aprobar, antes de que remate 2021, unha lexislación laboral moderna que revise os desequiibrios da reforma de 2012 e deixe atrás os problemas estruturais do noso mercado de traballo”.A temporalidade e a precariedade son, xunto ao desemprego, “as principais anomalías do mercado laboral español e estamos decididos a deixalas atrás. É imprescindible dispoñer de ferramentas equilibradas na negociación coletiva e ao mesmo tempo, establecer condicións claras para a subcontratación”, na formulación de Unidas Podemos.

Agora queda por ver que os socios de Goberno manteñan no futuro inmediato a mesma actitude de consenso posta de manifesto hoxe en Madrid. 

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.