A rapazada do IES A Cachada e o Concello de Boiro participaron nunha recollida de lixo en Barraña

09 Novembro 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Medio Ambiente, está a colaborar coas actividades de formación e sensibilización sobre o problema do lixo mariño que desenvolve a Asociación Chelonia. O concelleiro de Medio Ambiente, Raul Treus, participou este 9 de novembro nunha recollida de plásticos que se levou a cabo na praia de Barraña xunto co alumnado do IES A Cachada.

Esta actividade abéirase ao Proxecto Mares Circulares, impulsado por The Coca-Cola Fundation e que se desenvolve dende o ano 2018 en diversos concellos, entre os que se atopa o de Boiro. A actividade levada a cabo consistiu nunha charla-presentación para o alumnado do IES e unha recollida na praia como medio de sensibilización práctica sobre a problemática global da que se pretende formar.

Participaron un total de 40 rapaces e rapazas dos cursos de primeiro e segundo da ESO, que apañaron os residuos atopados na praia separándoos en dúas bolsas, unha negra e unha amarela, segundo fosen recollida selectiva ou envases. Unha vez rematada a recolección, nunha carpa instalada na praia, comentáronse os refugallos atopados e cal era a súa orixe.

Durante o traballo realizado detectouse que os residuos máis numerosos son os da familia dos plásticos, entre os que están os paus de batea, cordas ou biofiltros.

O Concello de Boiro, a través do departamento de Medio Ambiente, traballa e colabora con iniciativas que axuden a fomentar a sensibilización en materia medioambiental como é a problemática global do lixo mariño.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.