A pianista Elsa Muñiz pon o remate ao Programa de Música de Cámara de Rianxo

29 Novembro 2021

A pianista e compositora galega Elsa Muñiz será a encargada de pechar o Programa de Música de Cámara 2021 organizado polo Concello e a Escola de Música de Rianxo. O concerto celebrarase este sábado 4 de decembro ás 20.30 horas no Auditorio Municipal.

A entrada é gratuíta e a reserva pode facerse na web do Concello. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

Traxectoria

Elsa Muñiz é pianista e compositora. Comeza os seus estudios musicais con tan só seis anos e fórmase no Conservatorio Profesional de Ribeira. Prosegue os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Universidade Fryderyk Chopin de Varsovia. Nesta última universidade polaca, completa a súa formación cun posgrao en interpretación musical.

No ámbito da composición, crea un novo concepto para definir a súa música: o pianotelling. Isto é unha mestura de literatura e música para piano; cada unha das súas pezas fai referencia a un microrrelato baseado nas súas propias vivencias. Co pianotelling materializado no seu álbum Memories, xa superou o 1.500.000 de reproducións e os 500.000 ouvintes en todo o mundo en plataformas dixitais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...