
Case que 1.500 novos positivos de coronavirus nunha semana obrigan á Xunta e o sector da hostalería a debater e acordar medidas que, se ben xa estaban previstas por mor da proximidade das festas de Nadal, levan a obrigar a extensión da actividade diurna de medidas actualmente só esixidas na Comunidade galega ao ocio nocturno no que atinxe a aforos e reglas de funcionamento.
Máis a pandemia de coronavirus está a provocar, amáis, serios atrancos na relación dos clientes coas súas entidades bancarias polas evidentes restricións á mobilidade, as limitacións de aforo nas sucursais e mesmo nas notarías, os recurtamentos de persoal, o peche de oficinas -con sonoras e xustificadas protestas dos afectados- ou polo intento de cobrar elevadas comisións polos trámites testamentarios que fan que as sempre farragosas consultas que milleiros de familiares deben levar a cabo para accederen ás súas herdanzas, se eternicen.
Son problemas de moi pouco doada solución, que se incrementan de xeito incrible en practicamente todo o mundo nunha das maiores crises sanitarias do último século a nivel mundial, que se estende tamén, para debilitalo, ós propios sistemas democráticos polas restricións cos países impoñen para tentar conter os estragos que causa o virus, en ocasións colidindo con dereitos e liberdades consolidadas en democracia.
Galicia afronta esta realidade con “vacinódromos” aos que acoden por terceira vez neste ano milleiros de persoas maiores de 70 anos, mentres que outras máis novas pasan pola esperiencia de repetir ou vacinarse por vez primeira concienciados de que a vacina é o único medio de prantar cara á COVID-19 en calquiera das súas formas de presentación.Pero tamén hai que ter en conta e facelo conscientemente do que significa a pandemia para o cambio que se está a producir no mundo por culpa do “becho”: bo número de países van cara ao autoritarismo nun número tres veces maior do que o fai a democracia, segundo o informe O estado da democracia no mundo 2021: Fomentando a resiliencia nunha era pandémica recentemente publicado polo Instituto Internacional para a Democracia e a Asistencia Electoral (IDEA Internacional), no que consta que o número de democracias en retroceso duplicouse na última década e agora se traduce en que máis de dous terzos da poboación mundial vive en democracias en retreoceso ou réximes autocráticos.
Os exemplos de presidentes como Donald Trump (USA) ou Jair Bolsonaro (Brasil) manifestos defensores da non vacinación contra o coronavirus, son nefastos exemplos que moitos cidadáns seguiron e seguen en, por exemplo, Austria, Alemaña, etc., e que, segundo o citado informe de IDEA, poden ter que ver coa cantidade de países “que perderon calidade democrática e pasaron a ser réximes híbridos ou autoritarios” de xeito máis notable ca daqueles “que se converteron en democracias”, segundo a opinión do secretario xeral do devandito Instituto IDEA Internacional Kevin Casas-Zamora.
O informe salienta que, por quinto ano consecutivo, o número de países que avanzan cara ao autoritarismo “é aproximadamente tres veces maior cao número que o fai cara a democracia”. Nese mesmo período de tempo, ata 20 países andaron cara o autoritarismo e só sete fixeron o camiño contrario para rematar sendo democracias.
Polonia, Hungría e Eslovenia están sumidos en procesos de grave retroceso democrático. Serbia non vai moi atrás, pero no camiño están Turquía, Nicaragua, Brasil, Bolivia, Benin e Mauritania.
En definitiva, medra o autoritarismo e empiora a democracia: o 70% da poboación mundial vive en réximes non democráticos ou en países en retroceso democrático e só o 9% se considera viven en zonas de alto rendimento democrático. Desgrazadamente a tendenza cara a que se dirixiu o mundo durante esta pandemia é o crecemento do autoritarismo e a perda de calidade democrática. Neste aspecto, o ano 2020 foi o pior dende que se teñen rexistros (datos de Índices do Estado da Democracia no Mundo (GSoD, nas súas siglas en inglés): o descenso no nivel democrático dos países foi en 2020 do 45% (sendo en 2015 do 21%). Os réximes híbridos (democracia con nidios tintes autoritarios) aproveitaron a pandemia durante os anos 2020 e 2021 “para eliminar calquera apariencia de democracia e reforzar o seu control sobre o poder e restrinxir liberdades individuais sen temor as unha condea internacional”. Así vai a boia.