A Fundación Banco Santander estende o seu apoio ao Laboratorio Ecosocial do Barbanza durante dous anos máis

05 Novembro 2021

Os proxectos semente son tres iniciativas sostibles que foron seleccionadas na convocatoria aberta organizada polo Laboratorio en xullo de 2021 e ás que se lles brindou unha achega económica de 5.000€, ademais de apoio técnico.

O anuncio produciuse nunha presentación e rolda de prensa que tivo lugar no salón de plenos do concello de Rianxo, nunha xornada que contou coa presenza dos máximos representantes das entidades que colaboran no proxecto: a Fundación Banco Santander, a Fundación RIA e a Universidade de Santiago de Compostela.
• Rodrigo Echenique, presidente da Fundación Banco Santander, entidade cofinanciadora do proxecto.
• Borja Baselga, director da Fundación Banco Santander.
• David Chipperfield, presidente da Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto.
• Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
• Lourenzo Fernández, catedrático e coordinador do grupo de investigación HISTAGRA (USC)
Tamén estiveron presentes na xornada a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé; o subdirector de planificación e dinamización do medio rural, Alfredo Fernández Ríos e os alcaldes de Rianxo, Adolfo Muíños; Dodro, Xabier Castro, e Porto do Son, Luís Oujo; así como os promotores dos proxectos semente premiados polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

A rolda de prensa foi só un dos eventos que tiveron lugar na xornada de onte.
Os representantes da Fundación Banco Santander, a Fundación RIA e a Universidade de Santiago de Compostela visitaron as brañas de Laíño e o Campo de Maneiro no monte O Fieitoso de Taragoña para coñecer os progresos dos “proxectos semente” da man dos seus promotores.

A comunidade de Baroña como exemplo na xestión do territorio
Pola tarde, os representantes das entidades visitaron o monte veciñal en man común de Baroña guiados polo seu presidente, Ovidio Queiruga. Queiruga mostrou as actividades de conservación e produción que leva a cabo a comunidade (aproveitamentos resineros, micolóxicos, plantacións de frondosas, cría de gando, actividades de lecer, etc.) e resaltou a importancia de reinvestir no monte os ingresos obtidos destas actividades para a creación de postos de traballo no territorio.

Rodrigo Echenique e David Chipperfield visitan o Campo de Maneiro en O Fieitoso de Taragoña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.