A función Os nenos da varíola recala no Elma da Pobra este 21 de novembro

15 Novembro 2021

Proseguen este mes as actividades teatrais no Elma, referente comarcal e galego das artes escénicas. Este 21 de novembro, sen ir máis lonxe, cine-teatro da Pobra da Caramiñal acollerá a representación de Os nenos da varíola, peza baseada no libro de María Solar do mesmo titular. Será ás 19.00 horas, a cargo da compañía Pérez & Fernández.

O espectáculo relátanos a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña que participaron na Real Expedición Filantrópica da Vacina, expedición da cal era Isabel Zendal, a reitora da institución, un dos piares máis importantes.

As actrices Victoria Pérez e Isabel Risco e os actores Manu Fernández e Xose Leis interpretarán a ducia de personaxes que protagoniza esta historia: as monxas da Casa de Expósitos, os doutores Balmis e Posse Roybanes, os nenos protagonistas da ficción de María Solar e a muller que finalmente fixo posible que esta Real Expedición Filantrópica se fixese realidade, Isabel Zendal.

As entradas son de balde e as reservas débense efectuar na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981 831 545.

Trátase dunha actividade enmarcada na programación cultural que transcorre no municipio durante o último trimestre do ano con sesións teatrais destinadas a maiores de 16 anos. Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...