A Deputación destina 100.000 euros para a cesión de tres embarcacións eléctricas aos xeodestinos da provincia, incluídos os da nosa comarca

17 Novembro 2021

A Deputación da Coruña, dentro das súas liñas de mellora da calidade e da competitividade turística, vén de abrir a convocatoria dunha axuda para a cesión de tres embarcacións eléctricas non somerxíbeis aos entes de xestión de Ferrolterra, A Coruña e As Mariñas, Costa da Morte, Terras de Santiago, Ría de Muros e Noia e Barbanza Arousa. O orzamento inclúe a posta en marcha dun proxecto piloto de ecoturismo náutico. Cada un dos seis xeodestinos da provincia poderá optar a concesión dun so barco.

O obxectivo da área de Turismo da Deputación é que o proxecto chegue, en vindeiras anualidades, á totalidade do territorio e que os seis xeodestinos poidan contar con cadansúa embarcación. “Onde sexa posíbel, claro”, afirmou o vicepresidente provincial Xosé Regueira, “pero temos en toda a nosa xeografía ríos perfectamente navegables para este tipo de barcos; ademais por espazos, como tamén lagos e lagoas, cunhas características naturais moi interesantes para calquera visitante”.

As solicitudes ás axudas presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.